Quen Somos

Mc Rent

Somos unha empresa xoven que empeza no sector do aluguer de autocaravanas e camper, pero cunha ampla experiencia como autocaravanistas.

Queremos introducirnos neste sector competitivamente ofrecendo autocaravanas novas de 4 a 7 prazas , estando equipadas todas elas con motores de 130 e 160 CV e con todos os elementos máis modernos tanto en seguridade como en confort.

Vendo a pouca oferta que temos neste sector en toda Galicia, estamos en disposición de ofrecer os nosos servizos en toda a comunidade, incluso para aquelas persoas de calquera punto de España ou do extranxeiro que queira recollela en Galicia para pasar aquí as súas vacacións, podémoslla entregar e recoller en calquera AEROPORTO ou estación de RENFE que queira todos os días incluso domingos e festivos.

Ás nosas autocaravanas incorporámoslles unha serie de accesorios tales como enganche de remolque, portabicis, porta esquíes, baca superior para tablas de surf, canoas, traineras etc., para que calquera persoa as poida utilizar para asistir a calquera evento.

Tamén lles proporcionamos remolques de varios tipos para levar 3 motos, Quads, karts, etc, e xeradores de corrente de varios modelos.