Condicións de Aluguer

Documentación e idade do contratante e/ou condutor


O arrendatario e condutor ou condutores adicionais deberán ter máis de 25 anos cumpridos e con antigüidade mínima de dous anos do permiso de circulación clase B. No caso de non ser residente na UE, deberá estar en posesión do permiso de conducir internacional.


A autocaravana non poderá ser retirada por outra persoa que non sexa a contratante.



É obrigatorio presentar o DNI e o carné de conducir tanto do arrendatario como dos posibles condutores o día da recollida, así mesmo Yakart Autocaravanas poderá esixir, se o considerara necesario, calquera outro tipo de documento identificativo.



Reserva e fianza


Para confirmar a reserva é imprescindible aboar o 50 % do importe total do aluguer e dispoñer de confirmación expresa de Yakart Autocaravanas. Para retirar a autocaravana deberá estar aboada a totalidade do importe do aluguer con anterioridade a 15 días, e a fianza de 750€ no momento da recollida mediante VISA, devolvéndoselle ó final do aluguer,unha vez supervisada e que esté todo en bon estado.

Anulación


•    60 días antes da data de inicio, penalización do 50% da reserva
•    Menos de 60 días antes, penalización do 100 %

Seguro


As autocaravanas dispoñen de seguro a todo  risco con franquía de 750 euros. En caso de  sinistro ou calquera desperfecto corren a cargo do arrendatario unicamente o coste  dos danos propios ata o límite do importe da franquía,(pinchazos incluídos), salvo que o culpable sexa un terceiro, neste caso a cobertura é completa, sempre que o parte de accidentes esté debidamente cumprimentado e firmado por ambas partes.

Limpeza


As autocaravanas entréganse totalmente hixienizadas, listas para o seu uso, debéndose retornar  no mesmo estado e cos depósitos residuais  e inodoro baleiros. De non ser así, cobrarase o importe correspondente a limpeza completa.


ESTÁ PROHIBIDO FUMAR DENTRO DAS AUTOCARAVANAS  do contrario, penalizarase con parte da fianza.


ESTÁ PROHIBIDO LEVAR ANIMAIS DENTRO DAS AUTOCARAVANAS, do contrario, penalizarase con parte da fianza.

Multas e sancións


O arrendatario responde de calquera multa, sanción e outras responsabilidades nas que puidera incorrer por  infrinxir a lexislación vixente en materia de circulación e outras, como alcoholemia ou exceso de persoas autorizadas en cada vehículo.

Desperfectos


En caso de rotura, desperfecto ou síntoma de avaría, o arrendatario deberá obrigatoriamente notificalo a Yakart Autocaravanas dentro das seguintes 6 horas á apreciación do problema. Esta notificación é de vital importancia para a empresa, co fin de poderse abastecer dos materiais necesarios para o seu arranxo.

A NON notificación poderá prexudicar a entrega a tempo ó seguinte arrendatario, polo que a empresa poderá esixirlle o importe correspondente a un día de aluguer.

Custes de carburante e mantemento


Os custes de carburante corren a cargo do arrendatario. Os gastos de mantemento, cambio de aceite e outros corren a cargo da empresa, sendo obrigación do arrendatario comprobar os niveis cada  3.000 km.  Calquera reparación por importe superior a 100 euros deberá ser autorizada pola empresa.
 
Entrega, devolución e períodos non utilizados


A entrega e devolución da autocaravana efectuarase no lugar, data e hora convidos no contrato de aluguer. A empresa resérvase o dereito de aplicar os suplementos vixentes en caso de incumprimento de dita cláusula.

Os períodos de aluguer non utilizados ou o retorno do vehículo antes da fin do aluguer non suporá reembolso algún ó arrendatario.


HORARIOS:


ENTREGAS DE 16:00 a 20:00 hs


DEVOLUCIONES DE 10:00 a 12:00 hs